DESQUITE
Madialeva
Avanzas
besta boureando abafallo
Ollada
tóxica, cerebro pezoñento
A bater
nela, a bater nel e tamén en min
Miserábel
misión imposíbel a túa
A de
trabar a espiral da Historia
Por
agora deuche o sol
Saboreando
a túa forza perante mans abertas
impotentes
mans
Máis
até ti albiscas o furacán a asomar
Galerna
que trae maré de puños pechos
Desorde
ordenada de estouros a imporen xustiza
E
daquela dime onde acharás acougo
En que
porta petarás tatexando acubillo
Quen
valerá unha figura comesta por tantas miserias
Nun
último e van intento
Vestirás
a bandeira que hoxe persegues;
Inzado
de medo e rabexa
Chiarás
a xurares que ti es dos nosos
Mais as
vítimas non esqueceremos
E a
devirmos en verdugos
Reclamaremos
as túas tripas para trenzamos unha soga
Poético
sedeño perfecto con que os teus amos serán colgados