Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

DESQUITE, Madialeva




DESQUITE
Madialeva

Avanzas besta boureando abafallo
Ollada tóxica, cerebro pezoñento
A bater nela, a bater nel e tamén en min
Miserábel misión imposíbel a túa
A de trabar a espiral da Historia

Por agora deuche o sol
Saboreando a túa forza perante mans abertas
impotentes mans
Máis até ti albiscas o furacán a asomar

Galerna que trae maré de puños pechos
Desorde ordenada de estouros a imporen xustiza
E daquela dime onde acharás acougo
En que porta petarás tatexando acubillo
Quen valerá unha figura comesta por tantas miserias

Nun último e van intento
Vestirás a bandeira que hoxe persegues;
Inzado de medo e rabexa
Chiarás a xurares que ti es dos nosos

Mais as vítimas non esqueceremos
E a devirmos en verdugos
Reclamaremos as túas tripas para trenzamos unha soga
Poético sedeño perfecto con que os teus amos serán colgados