Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

A NENA MORTA, Nâzim Hikmet

A nena morta
Nâzim Hikmet 
(Poeta comunista turco. 1901-1963)
Tradución propia da adaptación inglesa

Chego e agardo en cada porta
Porén, ninguén sinte o meu silencioso rogo
Peto e aínda así continúo sendo invisíbel
Porque estou morta, porque estou morta
Só teño sete anos e xa morrín
En Hiroshima hai moito tempo
Teño sete anos igual que os tiña ante
Cando os nenos morren, xa non medran
O meu pelo estaba queimado
Os meus ollos apagáronse, os meus ollos cegáronse
Chegou a morte e converteu en po os meus ósos
E foi espallado polo vento
Non preciso froita, non preciso arroz
Non preciso doces e nin sequera pan
Non pido ren para min
Porque estou morta, porque estou morta
Todo o que eu pido é paz
Loitade hoxe, loitade hoxe
para que os nenos deste mundo
poidan vivir e medrar e rir e xogar