Read more: http://techdesktop.blogspot.com/2007/08/manual-cual-es-el-feed-de-mi-blog.html#ixzz2OPda9Tcp

MONÓLOGO DO VELLO TRABALLADOR, Celso Emílio Ferreiro



Agora tomo o sol. Pero até agora
traballei cincoenta anos sin sosego.
Comín o pan suando día a día
nun labourar arreo.
Gastei o tempo co xornal dos sábados,
pasou a primavera, veu o inverno.
Dinlle ao patrón a frrol do meu esforzo
i a miña mocedade. Nada teño.
O patrón está rico á miña conta,
eu, á súa, estou vello.
Ben pensado o patrón todo mo debe.
Eu non lle debo
nin xiquera iste sol que agora tomo.

Mentres o tomo espero
.

UNHA PERGUNTA AO XENERAL PINOCHET, Eduardo Mazo




Contou-me a sua parteira xeneral,
que vosté veu ao mundo, deformado;
que o seu intestino groso
termina na gorxa
e a sua língua é un pozo
de gases e miasmas;
entón, xeneral, por onde fala?
Por onde fala?